Portada - CRTVG
COMUNICACIÓN G
PROGRAMACIÓN TVG
08/12/2023
PROGRAMACIÓN TVG
08/12/2023
Santiago, 08.12.2023.- Os medios públicos galegos ofrecerán nesta fin de semana de ponte fútbol, correspondente á 1ª e 2ª RFEF, e mais baloncesto. A xornada deportiva comezará o sábado ás 16:30 h, co encontro entre Ourense C. F.-Pontevedra C. F., da Segunda Federación, que retransmitirán tanto a G2 coma a web da CRTVG. Os ourensáns lideran a táboa, cos pontevedreses no terceiro posto, a tan só dous puntos.
A xornada rematará pola tarde, con baloncesto. A partir das 19:00 h, os afeccionados poderán seguir o encontro da Liga Endesa feminina entre o Baxi Ferrol e o Ensino, tamén a través de G2 e crtvg.gal.
O domingo, a CRTVG emitirá fútbol, con catro encontros de máximo interese. As emisións comezarán ás 12:00 h, cos partidos de R. C. Vilalbés e C. D. Guijuelo e mais de S. D. Compostela e R. Oviedo Vetusta, ambos da 2ª RFEF. A G2 fará conexións cos estadios da Magalena e o Verónica Boquete de San Lázaro, que permitirán seguir os dous partidos en directo, que poderán verse integramente na web dos medios públicos.
Ás 16:00 h, dará comezo o R. C. Deportivo-Sestao S. C., da 1ª RFEF. Os coruñeses aspiran a achegarse á zona nobre da táboa. Precisamente, acaban de vencer o Barça B, do que os separan catro puntos. Pola súa parte, os de Aitor Calle necesitan saír dos postos vermellos. O partido poderá seguirse na G2 e a web.
A partir das 18:00 h, será a quenda, tamén na 1ª RFEF, do C. D. Lugo, que se enfronta ao F. C. Barcelona B, do que só o separa un punto, no sexto posto da táboa clasificatoria. Este encontro tamén se poderá seguir nas dúas plataformas da CRTVG.
Ademais, coma cada fin de semana, os programas ‘A Xornada en Xogo’ (23:00 h) e ‘En Xogo’ (22:30 h) ofrecerán un resumo de mellores momentos e anécdotas da fin de semana deportiva, o sábado e o domingo, respectivamente.
Tamén poderán seguirse os encontros R. C. Vilalbés-C. D. Guijuelo e S. D. Compostela-R. Oviedo Vetusta
O sábado, G2 e crtvg.gal emitirán o enfrontamento na Liga Endesa feminina entre o Baxi Ferrol e o Ensino
PROGRAMACIÓN TVG
07/12/2023

PROGRAMACIÓN TVG
07/12/2023
Santiago, 07.12.2023.- Volve a Liga de fútbol á Radio Galega tras tres días intensos de competición copeira. O venres festivo, desde as 20:30 h, o ‘Galicia en Goles’ analizará a xornada escoitando os principais protagonistas. Ademais, resumirá a primeira xornada da Copa das Rexións UEFA, en que Galicia debuta en Vigo ante Canarias.
O sábado, desde as 15:00 h, a axenda de retransmisións comeza en Oira co derbi entre o Ourense C. F. e o Pontevedra, da Segunda RFEF. Logo chegará o partido máis destacado do día, o Celta Fortuna-Cultural Leonesa, da Primeira RFEF, en Balaídos. O baloncesto, mentres, será protagonista nas plataformas dixitais radiogalega.gal e g24.gal/deportes coa Liga ACB, en que o Breogán visita a pista do Bilbao.
O domingo, a edición matinal comezará ás 11:45 h na FM co Galicia-Aragón, da Copa das Rexións UEFA, e as citas da Segunda RFEF Compostela-Oviedo Vetusta e Vilalbés-Guijuelo. O programa tamén conectará con radiogalega.gal e g24.gal/deportes, onde os oíntes poderán escoitar de xeito íntegro o Joventut-Obradoiro.
Pola tarde, desde as 15:00 h, o fútbol non terá parada con catro encontros consecutivos: Deportivo-Sestao, Lugo-Barcelona Atlético, Raio Majadahonda-Arenteiro e Huesca-Rácing de Ferrol. No caso do encontro do Alcoraz, os seareiros terán ocasión de escoitar a narración de ‘Galicia en Goles’ no audio 2 da canle de televisión La Liga Hypermotion, que emite a través de diversos operadores. A partir das 23:00 h chegarán os especialistas de ‘Ao Contraataque’ para analizar os resultados e o xogo dos equipos galegos.
Para o fútbol galego, a xornada continuará o luns, co Raio Vallecano-Celta de Vigo, de Primeira División. A partir das 20:30 h, os seareiros poderán gozar doutro partido decisivo para o equipo olívico, ben a través da FM, radiogalega.gal, aplicación para o móbil ou, se seguen o partido pola televisión, polos audios do operador Gol Play.
#GaliciaEnXogo
O sábado, a Radio Galega emitirá varias entregas do proxecto #GaliciaEnXogo. Ás 13:00 h, Alfonso Pardo visita o concello de Piñor, lugar ideal para a práctica do sendeirismo, bicicleta de montaña e motos de campo.
Pola noite, de 23:00 a 00:00 h, compartirán protagonismo o motor e a información dos olímpicos que preparan os Xogos de París 2024.
O domingo destacan o Huesca-Rácing de Ferrol e o Deportivo-Sestao
PROGRAMACIÓN TVG
04/12/2023

PROGRAMACIÓN TVG
04/12/2023
PROGRAMACIÓN TVG
04/12/2023

PROGRAMACIÓN TVG
04/12/2023