Directora xeral da CSAG - CSAG

Directora xeral
MARÍA CONCEPCIÓN POMBO ROMERO
1998 Licenciada en Xornalismo pola Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.
2002 Responsable de Comunicación da Consellería de Emigración da Xunta de Galicia.
2005 Dirección de programas de Aldea Films, S.L.
2006 Corporación de Radio e Televisión de Galicia, S.A. , CRTVG
- Redactora do Galicia Noticias e posteriormente do Telexornal Mediodía.
- Editora do Telexornal Mediodía, directora do Telexornal Noite e Telexornal Fin de Semana.
- Coordinadora de redacción (2016)
- Directora da Área de Información e Documentación (2017–2025) e membro da xunta directiva da CRTVG.
2025 Elixida polo Parlamento de Galicia directora xeral da Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia, S.A. (CSAG).
Outros datos de interese
- Responsable da dixitalización dos departamentos de Informativos da TVG e da RG, e da implantación do modelo de organización con Mesa Central.
- Responsable da creación da marca G24: web informativa (g24.gal) e redes sociais (Instagram, TikTok, X).
- Responsable do lanzamento de proxectos innovadores de fomento do galego: Dígocho Eu, Apuntamento Lusófono, Bótalle Azucre.
- Directora da Área de Documentación (2017-2025), responsable da planificación da dixitalización e xestión documental e arquivística da CRTVG.