Navigation Menu

Logo de CRTVG

PORTAL DE TRANSPARENCIA

Camiño de navegación

Recomendacións do Consello de Administración da CRTVG sobre o tratamento dos casos de violencia machista nos medios de comunicación públicos galegos

Recomendacións do Consello de Administración da CRTVG sobre o tratamento dos casos de violencia machista nos medios de comunicación públicos galegos

O Consello de Administración da Compañía de Radio-Televisión de Galicia aprobou por unanimidade, no pleno ordinario celebrado o 2 de decembro de 2015, unhas recomendacións do Consello de Administración da CRTVG sobre o tratamento dos casos de violencia machista nos medios de comunicación públicos galegos. Estas recomendacións amplían e actualizan as que se aprobaran no mesmo órgano o 26 de outubro de 2010.

O documento sinala que os malos tratos e a violencia contra as mulleres constitúen un atentado contra o dereito á vida, a dignidade e a integridade física, psíquica e moral das vítimas. Trátase de delitos que non se poden presentar como un crime pasional.

O director xeral da CRTVG incorpora estes principios ao apartado de autorregulación da entidade dentro das accións de responsabilidade social corporativa que desenvolve a mesma.

 

Recomendacións do Consello de Administración da CRTVG sobre o tratamento dos casos de violencia machista nos medios de comunicación públicos galegos [PDF]